O macroxuizo do Prestixe non pode agochar unha Xustiza agonizante


16 oct 2012


Onte deu comenzo en Expocoruña o macroxuízo do Prestige. Un paripé xudicial, toda vez que ningún responsable político, Aznar, Rajoy, Cascos ou Fernández de Mesa, vai estar sentado na bancada dos acusados. En plena campaña electoral adecentouse un palacio de exposicións deficitario cun investimento de 1,4 millóns de euros, cantidade suficiente para aboar a metade da paga extraordinaria dos funcionarios de xustiza de Galicia. 


Uns cartos que sirven para lavar a cara dunha xustiza renqueante, en estado agónico, cunha xurisdicción social desbordada e a civil seguindo de preto os seus pasos, sen que se poña solución algunha enriba da mesa, coa excusa de que non hai orzamento necesario, non para atender as necesidades do cidadán de a pé, pero sí para montar un circo xudicial coa presencia de medios nacionais e internacionais, unha pantalla relucente que a pouco que se rasque deixaría ver todo o vergoñento refugallo que esconde a realidade da xustiza: escasez de medios materiais e persoais, descoordinación de programas informáticos, mala xestión do diñeiro público en investimentos faraónicos nacidos como inservibles e falta de vontade política da resolución do problemas, ao ser tradicionalmente a xustiza un servizo público que otorga nulos beneficios as arcas públicas. 
Coincidindo co inicio do xuízo os sindicatos CCOO, USO, UGT e CIG, desprazámonos ao recinto onde se está a celebrar para amosar a nosa indignación cunha nova dilapidación de fondos públicos, nunha operación orquestada de maquillaxe sobre a podredumbre. Despregamos a nosa pancarta ao lado dos integrantes do colectivo Nunca Máis, cos que compartimos a necesidade de investir alí onde se necesita: no gasto social, educación, sanidade, xustiza, salvamento marítimo e non en curraliños privados ou escaparates formales dedicados a encher as páxinas dos xornais amigos e subvencionados. 

Posteriormente comprobamos in situ as instalacións da sala de vistas: pantallas xigantes, mobiliario de primeira calidade, sala de prensa semellante a sala de control da NASA, etc. En filas próximas un sorriso de satisfacción resplandecía na sala: o de Juan José Martín Álvarez, “Juanjo”, á sazón o noso Director Xeral de Xustiza, o gobernador dos noso destinos que non convoca unha mesa de negociación real dende hai moito tempo, o que impón a súa lei no que as nosas condicións laborais se refire. Observaba . Alí pedímoslle unha vez máis, como xa fixemos por escrito en repetidas ocasións, a convocatoria dunha mesa sectorial, ao que respondeu dándonos as costas, como quen oe chover. 

Os catro sindicatos alí presentes lamentamos que un xuízo mediático baleiro de contido solape a situación real da xustiza: en caída libre e a piques de estourar, non só no que nos atinxe como traballadores, sen paga extra, sen días de vacacións e asuntos propios, con penalización económica por cometer o erro de enfermar, sometidos a mobilizacións xeográficas salvaxes, senón tamén no que se refire á calidade do servizo, cada vez máis devaluado e custoso, con taxas desorbitadas, retrasos por falta de persoal e plans de redución de partidos xudiciais inasumibles para os cidadáns