Xornadas formativas sobre atención ás vítimas de trata e da explotación sexual


9 oct 2025








Os vindeiros días 16 e 17 de outubro celebraranse na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (UDC) unhas xornadas formativas centradas na atención ás vítimas de trata e/ou explotación sexual, desde a súa detección ata o remate do procedemento xudicial.

Esta iniciativa busca ofrecer unha visión integral sobre a intervención con vítimas, abordando aspectos como a identificación precoz, a protección institucional, o acompañamento durante o proceso e a coordinación entre os distintos axentes implicados.

As xornadas están dirixidas a profesionais do ámbito xudicial, social, sanitario e educativo, así como a persoas interesadas na defensa dos dereitos humanos e na loita contra a trata de persoas.

. - Para máis información sobre os horarios, contidos, participantes e inscrición, preme aquí