A Dirección Xeral de Xustiza remitiu a CCOO a seguinte información en relación aos datos da Comisión da Acción Social 2025 para as listaxes definitivas.
"A Dirección Xeral de Xustiza informa que se presentaron 09 alegacións das 12 solicitudes provisionalmente denegadas, das cales se admitiron 08. Como resultado final, admítense 143 solicitudes das 147 que se presentaron e que corresponde a 156 persoas beneficiarias.
Os importes aos que ten dereito cada unha das persoas beneficiarias son os seguintes:
Importe Final
Tramo I: 92,45 €
Tramo II: 184,90 €
Tramo III: 369,81€"