Sen Xustiza non hai dereitos, acude ás Concentracións


27 jul 2012


Hose venres todos os funcionarios e funcionarias da Administración de Xustiza  estamos chamados de novo a participar nas concentracións na porta dos nosos postos de traballo para reclamar a retirada do "recortazo" de Rajoy polo que nos quitan a paga extra de decembro, recortánnos días de asuntos propios e vacacións coa mentira de que así aforran en pagar horas extras ou interinos que as cubren, e nos recortan os nosos dereitos económicos durante os primeiros 20 días de baixa, como si os funcionarios tivésemos a opción de non coller gripes ou non torcernos un nocello o unha muñeca. 

Que ninguén pense que acudir ás concentracións non vale de nada. O que non vale para nada é quedarse quedo, no posto de traballo, asumindo estos recortes e esperando a seguiente navallada. Os recortes aos funcionarios públicos son completamente inxustos, non solucionan en nada os problemas derivados da crisis económica, cébanse nos que por ter unha nómina do Estado ou otra administración son de mais fácil recorte inmediato e desmontan os dereitos (non privilexios, só dereitos) que obtivemos a través de anos de loita e negociación colectiva, rota unilateralmente por Rajoy e compañía. 

Agora, mais que nunca, hai que decir 

BASTA, NON AOS RECORTES.