01.03.2012.- Hoxe, xoves 1 de marzo, CCOO, CIG, UGT, CSIF, SAE, SATSE e USO convocaron concentracións diante dos Edificios Administrativos da Xunta de Galicia
A pesares de que a Lei de medidas no emprego público de Galicia, foi aprobada onte no Parlamento, cos votos a favor do PP e coa oposición de PSdeG-PSOE e BNG, os traballadores e traballadoras do sector público de Galicia, non se resignan, e convocados por CCOO, CIG, UGT, CSIF, SAE, SATSE e USO, levaron a cabo actos de protesta en todo o territorio da nosa comunidade autónoma.
As organizacións sindicais convocantes consideran a Lei aprobada polo Parlamento de Galicia un ataque aos dereitos laborais dos empregados e empregadas públicos e que conleva aparellado un deterioro importante dos servizos públicos que presta a Administración Autonómica.
Os sindicatos insisten en que están dispostos a sentarse coa Xunta de Galicia para estudar medidas que permitar axustar o gasto da administración autonómica, sen que paguen sempre os mesmos. Afirman que xa se presentaron alternativas que non foron escoitadas, nin valoradas pola Administración e critican unha vez mais que as medidas que contempla esta Lei, non foron cuantificadas polo goberno galego, a pesares dos requerimentos realizados polas organizacións sindicais.
A imposición destas medidas de recorte, que quedaron en evidencia na votación de onte no Parlamento de Galicia (só obtiveron o voto a favor do PP) están obtendo unha ampla contestación social e política, polo que as organizacións sindicais solicítanlle ao Goberno do Sr. Feijoo, que recapacite, rectifique e busque o consenso político e sindical e non castigue mais aos empregados e empregadas públicos, nin precarice os servizos públicos que préstanse á cidanía, que será quen acabará pagando os pratos rotos desta política de recortes.
Para rematar, as organización sindicais non descartan ningún tipo de mobilización, incluíndo á folga, si o Sr. Núñez Feijoo non rectifica, anunciando xa manifestacións/concentracións para o vindeiro martes 6 de marzo nos centros hospitalarios, edificios administrativos e xulgados.