CCOO organiza para o 1 de febreiro asembleas e concentracións en defensa dos servizos públicos


31 ene 2012






31-1-2012.- O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia organiza para mañá mércores, día 1 de febreiro, asembleas e concentracións en defensa dos servizos públicos. CCOO rexeita a política de recortes e deterioración destes servizos, pois resulta lesiva para a cidadanía.

CCOO lembra que os servizos públicos son os principais instrumentos que determinan o desenvolvemento e a calidade do Estado do benestar e que deles dependen a gratuidade, a calidade e a universalidade da educación, da sanidade e uns servizos sociais que atendan as persoas e desenvolvan a lei de dependencia.

Así mesmo, o sindicato recalca que os servizos públicos satisfán as necesidades máis básicas da cidadanía en condicións de acceso universal, non discriminatorio e cun custo accesible, amais de desempeñaren un papel vertebrador da sociedade, garantía de igualdade das persoas e factor de cohesión social.

En defensa dos servizos públicos haberá asembleas de traballadores e traballadoras en diferentes cidades e vilas de Galicia a partir das 10 da mañá, e concentracións ás 12:30 diante de varios edificios administrativos.


- COMARCA DE FERROL. Ferrol. Asemblea no local do sindicato. Concentración diante do edificio da Xunta.

- COMARCA DA CORUÑA. A Coruña. Asemblea no local do sindicato. Concentración diante do edificio da Xunta (Monelos).

- COMARCA DE SANTIAGO-BARBANZA. Santiago de Compostela. Asemblea na cafetaría da Donuts (Polígono do Tambre). Concentración na sede central da Xunta (San Caetano).

- COMARCA DE LUGO. Lugo. Asemblea no local do sindicato. Concentración diante do edificio da Xunta.

- COMARCA DA MARIÑA. Viveiro. Asemblea no local do sindicato. Concentración diante da Delegación da Consellaría do Mar.

- COMARCA DE OURENSE. Ourense. Asemblea no local do sindicato. Concentración diante da Subdelegación do Goberno.

- COMARCA DE PONTEVEDRA. Pontevedra. Asemblea no Pazo da Cultura. Concentración diante da Subdelegación do Goberno.

- COMARCA DE VIGO. Vigo. Asemblea no Colexio Capuchinos. Concentradión diante do edificio da Xunta.