Atrasos nalgunhas nóminas de funcionarios da Xunta


2 may 2011



O Goberno Galego culpa ao Goberno do Estado.

A Consellería de Facenda sacou este mediodía un comunicado para tentar calmar os ánimos dalgúns dos seus funcionarios, que non cobraron aínda as súas nóminas do mes pasado.

O Executivo alega que "o pasado venres día 29 de abril, a media mañá, as nóminas dos empregados públicos dependentes da Administración autonómica tal e como ven sendo habitual" e que o fixo xusto o mesmo día que recibiu a transferencia mensual do Estado, que "leva tres meses facéndoa efectiva o último día administrativo do mes, cando anteriormente o facía catro ou cinco días antes".

Esta mañá, ante as queixas dalgúns empregados públicos por retrasos nos pagamentos das súas nóminas, o Goberno galego di que está analizando todas as circunstancias que aconteceron para coñecer os motivos destas demoras.

Facenda lanza tamén unha advertencia aos bancos: O Executivo autonómico, unha vez que comprobe os posibles incumprimentos por parte das entidades financeiras que non aboaron en prazo as nóminas, tomará as medidas contractuais previstas.

A brigatoriedade legal da Administración autonómica é pagar o primeiro día hábil de cada mes. A Xunta di que de maneira habitual o ven facendo dous días antes, algo que ten a intención de manter no futuro.

Enlace permanente