Mutualidade: O teléfono de asistencia 24 horas deixará de funcionar o 31 de maio


27 abr 2011


Segundo anuncia a Mutualidade Xeral Xudicial na súa páxina web, o próximo día 31 de maio deixará de funcionar o teléfono de asistencia 24 horas, tras apenas 3 anos de funcionamento. Podedes ter acceso ao seu comunicado a través do seguinte enlace suspensión servizo telefónico 24 horas.

Edificio da Mutualidade
A Mutualidade xustifica o peche do devandito servizo en "razóns presupostarias". O certo é que o número de chamadas que recibiu este servizo nunca foi elevado, aínda cando a valoración do servizo polos que o utilizaron foi, por regra xeral, moi boa, e o seu custo non era elevado.

Co obxecto de paliar os inconvenientes que poida producir a suspensión do servizo, o comunicado da Mutualidade Xeral Xudicial recorda que as entidades médicas privadas dispoñen dun servizo telefónico de atención 24 horas para a atención das urxencias médicas, así como información xeral. Así mesmo recorda tanto os teléfonos de información das entidades médicas privadas como as súas páxinas web, e o telefóno da Mugeju (915860300), ao que se poden dirixir os mutualistas para calquera tipo de consulta.