As cámaras de GC recollen a homenaxe da Memoria Histórica da Coruña a Díaz Pardo, memoria viva duns tempos nos que non se toleraba a disidencia fronte ao poder fascista, por pequena que fose.
Publicado en www.galiciaconfidencial.com
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organizou este mércores unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo como parte da celebración dos 80 anos de proclamación da II República. As cámaras de Tingalaranga filmaron, entre outros, a Manuel Rivas, Ramón Fandiño e Francisco Pillado.
O escritor Manuel Rivas denuciou o "o golpe das armas que instauraron un estado criminal en España tiña por obxecto o espolio da esperanza para a xente".
"A República non viña para crear un estado anárquico", argumentou Díaz Pardo.
O histórico artista galego lembrou con moito humor varias anécdotas do medo co que tiveron que convivir os que zafaron da represión fascista. A partir do minuto tres do vídeo, o cofundandor de Sargadelos relata con moita retranca as gañas de ir ao baño que lle entraban a outro histórico galeguista, Benito Ferreiro, cando se falaba do "Xefe de Estado".
Díaz Pardo recibiu este sábado a distinción "Republicano de Honra 2011" nun acto na Coruña organizado pola Comisión.
Enlace permanente