Que é o Día Internacional da Lingua Materna?_É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.
Que son as linguas?_Segundo sinala a ONU, "as linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da nosa herdanza cultural". Deste xeito, toda iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirá para incentivar a diversidade lingüística e "crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e mais inspirar a solidariedade baseada no entendemento, na tolerancia e no diálogo".
descárgao e difúndeo! (pdf en baixa resolución)
Propostas para o Día Internacional da Lingua Materna

2. Transmite o valor da diversidade
3. Cultiva as linguas con menos falantes
4. Fomenta a aprendizaxe de linguas
5. Perde o medo a equivocarte
6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa
7. Acolle as outras linguas que te rodean
8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua
9. Practica o ecoturismo lingüístico
10. Fala tamén para os que están preto
Non quedes con dúbidas
Que é unha lingua materna?_Por lingua materna adoita entenderse aquela na que un suxeito adquire a linguaxe; é dicir,

Que determina a lingua materna?_O factor máis importante é a lingua que empregan os axentes de socialización do neno durante as etapas iniciais do seu desenvolvemento. Nas sociedades avanzadas, este papel compárteno a familia e outros axentes externos, como as escolas infantís e mesmo os medios de comunicación audiovisuais.

Que idade se establece para determinar a aprendizaxe da lingua materna?_A lingua primeira adquírese, por definición, durante as primeiras etapas do desenvolvemento do neno. En contextos onde existen linguas en contacto, é frecuente a adquisición de diferentes linguas como lingua primeira.