Oposicións. Secretarios Xudiciais


9 jul 2009


Xul09
Información sobre os procesos selectivos para o corpo de Secretarios Xudiciais

 

 

 

CCOO confederal

 

INFORMACIÓN SOBRE A CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO DE SECRETARIOS XUDICIAIS OEP-2009

 

Ante os numerosos rumores que, segundo a nosa información, carecen de consistencia, informámosvos:

O Ministerio de Xustiza asegura oficialmente que é imposible a convocatoria no BOE de secretarios xudiciais correspondente á OEP2009 antes, como mínimo, do mes de outubro.

Os motivos que alega o Ministerio de Xustiza son: Aínda, e parece ser que ata polo menos moi avanzado o mes de outubro, e probablemente, novembro, non se finalizará a realización do segundo exercicio, e faltaría o terceiro cuxa execución é máis rápida.

Afirma o Ministerio de Xustiza que non pode convocar o proceso selectivo 2009 de Secretarios Xudiciais sen rematar polo menos a realización do segundo exercicio da quenda libre 2008, e que CCOOesixiu reiteradamente ao Ministerio de Xustiza a negociación das bases para que estas respondan a un proceso selectivo xusto e equilibrado que permita unha verdadeira carreira profesional e non volvan acontecer feitos tan lamentables como os do proceso 2006 e 2008.

 

 

INFORMACIÓN DO PROCESO SELECTIVO DE SECRETARIOS XUDICIAIS, PROMOCIÓN INTERNA, OEP 2008, XA CONCLUÍDA A FASE DE OPOSICIÓN E ENTREGADOS OS MÉRITOS

 

Nun ou dous días, publicarase na páxina web do Ministerio de Xustiza a relación provisional de méritos, dos aprobados na fase de oposición de secretarios xudiciais. Abrirase, a partir da publicación, o prazo para reclamar esa relación, para aqueles que estivesen desconformes.

A relación definitiva, unidas as notas obtidas nas fases de oposición e as do concurso de méritos, publicarase en setembro no BOE. Con esta publicación, abrirase o prazo para a entrega da documentación que debería anunciar tamén o comezo do curso de prácticas, que debe convocar o CEJ (Centro de Estudos Xurídicos). A data para o comezo do curso non está decidida aínda, pero a máis probable podería xirar entre o 15 e o 19 de outubro.

A toma de posesión como funcionarios de carreira farase inmediatamente finalice o curso práctico, polo que poderían tomar posesión mesmo ao longo do mes de xaneiro do 2010.