O longo camiño da normalización lingüística


7 ene 2009


Xan07
A Policía Nacional, Facenda e Xustiza, os ámbitos con menos normalización lingüística

 

Publicado en www.laopinioncoruna.es

 

A Policía Nacional e a Xustiza son os ámbitos onde menos se fala galego, segundo constatou a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que pasou revista a todas as administracións asentadas na comunidade autónoma. Na Xunta a utilización deste idioma, tanto oral como escrita, é do 78%. Non obstante, o informe do Goberno galego advirte de que catro de cada dez funcionarios utilizan o castelán para atender os usuarios.

xustiza_lingua Aínda que non todos os empregados da Administración autonómica se dirixen en galego ao público, este idioma se é practicamente maioritario na documentación e escritos que salguen da Xunta -sempre por enriba do 95 -. Unicamente nos correos electrónicos este procentaje baixa o 81 de uso da lingua galega.

Non é a Administración autonómica, non obstante, a que saca mellor nota no exame de normalización lingüística. Son os concellos, as entidades máis próximas á cidadanía, as que obteñen uns índices máis elevados de uso do galego. De feito, o 83% do persoal que traballa para as casas do concello da comunidade utiliza este lingua para atender o público, por enriba do 60% de funcionarios da Xunta.

No extremo contrario está a Policía Nacional. Ao responder por teléfono, o persoal que traballa para este organismo atende no 57% dos casos en castelán e nas conversacións co público o galego redúcese ao 49%. Peor está o idioma nas comunicacións escritas, onde o galego é a lingua preferida (87%).

O mesmo acontece coa Axencia Tributaria, onde só o 9% dos escritos que saen desta administración empregan o galego. Nas conversacións co público usa máis a lingua propia de Galicia (un 45%) pero segue predominando o castelán.

Na Administración de Xustiza o galego aínda é minoritario tanto nas comunicacións orais como escritas. O 66% dos xuíces e funcionarios dos xulgados falan en castelán co público e o 86% dos documentos que se redactan tamén están neste idioma.

Outras institucións como a Garda Civil aproban o exame, polo menos o oral. O 64% dos gardas falan galego, aínda que practicamente a totalidade, o 97%, escribe en castelán.