Glosario de termos xurídicos dubidosos (castelán-galego)


30 sept 2008


Set30
O Colexio de Avogados de Santiago pon na rede o Glosario de termos xurídicos dubidosos (castelán-galego)



O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago ofrece na súa páxina web o Glosario de termos xurídicos dubidos (castelán-galego). Este glosario conta coa supervisión do Termigal (Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica da Real Academia Galega) e está formado por preto de 200 termos.

Trátase dun glosario que pretende resolver as principais dúbidas en canto á terminoloxía xurídica, dende o castelán ao galego. Cabe sinalar que só se recollen entradas de termos que teñen unha correspondencia diferente ou complexa entre estes dous idiomas.

Esta versión dixital do glosario será ademais actualizada progresivamente e ampliarase con novos termos xurídicos.

O Glosario de termos xurídicos dubidos (castelán-galego) tamén será publicado no vindeiro número da revista colexial Avogacía Compostelá, no espazo dedicado á normalización lingüística que leva por nome “Ao pé da letra”.