"Agora xa es o xefe", espetoulle Ramón Trillo


30 sept 2008


Set30
Dívar toma posesión do seu cargo como presidente do Supremo e do órgano de goberno dos xuíces


Carlos Dívar tomou onte posesión dos seus cargos como presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) nun acto solemne celebrado ante os novos vinte vogais do órgano de goberno dos xuíces e o alto tribunal en Pleno.

Ao acto, asistiron, entre outros, o ministro de Xustiza, Mariano Fernández Bermejo, o presidente do Senado, Javier Rojo e a presidenta do Tribunal Constitucional, María Emilia Casas.

O acto se celebrou apenas unhas horas antes de que o Rei presida a apertura do Ano Xudicial, no que Dívar lerá o seu primeiro discurso formal como presidente do Tribunal Supremo. O breve acto protocolario de toma de posesión estivo presidido polo maxistrado Ramón Trillo, ao que lle correspondía a presidencia en funcións do Supremo por ser o presidente máis antigo de Sala (a do Contencioso-Administrativo).

Dívar, visiblemente emocionado, entrou no Salón de Actos do alto tribunal acompañado dos maxistrados máis antigo e máis moderno, Aurelio Desdentado e Fernando Pignatelli, tal e como dita o protocolo, tras o cal lle foi imposto o colar símbolo da "alta maxistratura" que exercerá a partir de hoxe e tomou posesión do seu asento presidencial.

Unha vez dado por concluso o acto, os asistentes irromperon en aplausos, e o micrófono, que quedou aberto durante uns segundos, permitiu aos xornalistas escoitar a reacción no novo presidente. "Creo que me aplauden a min eh?", dixo Dívar, ao que Trillo respondeu: "Fíxate, nin sentaron, bo, é que agora xa es o xefe, coño".

A anécdota foi moi comentada despois de que a pasada semana algúns medios de comunicación revelasen o malestar que o nomeamento de Dívar, ata agora presidente da Audiencia Nacional, causaría entre algúns maxistrados do Tribunal Supremo".

A toma de posesión estivo precedida dunha misa pola apertura do Ano Xudicial e en memoria dos maxistrados falecidos, na igrexa de Santa Bárbara, que estivo oficiada polo cardeal arcebispo de Madrid Antonio María Rouco, quen durante a homilía sinalou que "a xustiza humana necesita ser vivida coa sensibilidade da vontade de Deus, que é xusta e misericordiosa".

HOXE, PRIMEIRO PLENO.

Pola súa banda, os vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) celebrarán este martes un Pleno ordinario, xa baixo a dirección de Dívar, no que previsiblemente será elixido vicepresidente deste órgano o vogal Fernando de Rosa, segundo foi consensuado polos partidos políticos que negociaron a renovación deste órgano.

Igualmente, nesta primeira sesión ordinaria elixirase o vogal voceiro deste órgano e os integrantes das tres comisións máis importantes: a Permanente, a de Cualificación (competente para propoñer os nomeamentos na cúpula xudicial), e a Disciplinaria, informaron fontes do Consello.

Os membros desta última xa teñen tarefa sobre a mesa, pois deberán valorar o recurso interposto pola Fiscalía contra a decisión do anterior de Consello de multar con 1.200 euros o xuíz penal de Sevilla Rafael Tirado por unha falta de desatención, relacionada cos atrasos na execución dunha condena por abusos a menores imposta a Santiago del Valle, o presunto asasino da nena Mari Luz Cortés.

Polo que respecta ao voceiro, en espera da decisión que adoptarán hixe os novos vogais os nomes que máis soan para este posto son Gabriela Bravo e Antonio Carmona, posto que ambos os dous xa coñecen o que é a relación coa prensa tras ser voceiros da Unión Progresista de Fiscais (UPF) e Xuíces para a Democracia (JpD), respectivamente.

Texto e foto: Europa Press