Xul29
Xulgados de violencia sobre a muller
No Boletín Oficial do Estado número 182, do 29 de xullo, publícase o Acordo do 17 de xullo de 2008, do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, polo que se modifica o Regulamento 1/2005, do 15 de setembro, dos aspectos accesorios das actuacións xudiciais, en materia de servizo de garda nos Xulgados de Violencia sobre a Muller.

Á vista desta resolución, CCOO emprazou por escrito os responsables do Ministerio de Xustiza para que convoquen urxentemente a mesa de negociación, xa que non poden existir modificacións nas condicións de traballo realizadas de forma unilateral e impostas sen previa negociación.