Windows en galego


14 abr 2008


Abr14
Podes descargar de balde a interface do Windows Vista en galego e as librerías de galego do Office 2007


Microsoft ofrece a todos os usuarios que o desexen a posibilidade de empregar o galego como lingua principal na interface dos seus ordenadores. Descárgaas en http://www.microsoft.es/gal

Podes descargar de balde a interface do Windows Vista en galego e as librerías de galego do Office 2007. Lembra que tamén están dispoñibles as opcións de galego das versións anteriores: Windows XP e as versións 2003 de Office.

Ademais, xunto con esta nova aplicación en galego, Microsoft presentou a campaña "Faille un clic ao galego", que busca fomentar o noso idioma e o aumento da produtividade a través das novas tecnoloxías da información e da comunicación. A campaña de difusión inclúe un concurso no que os 6 usuarios que consigan un maior número de descargas desde o día 9 de abril ao 9 de maio por medio doutros usuarios entrarán no sorteo de ordenadores de última xeración das marcas Dell, HP ou Investrónica con Windows Vista en galego e outros premios.

- Máis ferramentas informáticas en galego