Abr15
Escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza:
Foto: FARO DE VIGO

Pois ben, o pasado día 1 de abril comezou a funcionar como tal o Rexistro Civil exclusivo de Vigo co mesmo cadro de persoal que tiña antes da transformación.
Ante esta situación, remitímoslle este escrito para recordarlle os motivos polos que consideramos que o cadro de persoal por vostedes proposto é insuficiente e, polo tanto, debe ser ampliada de forma urxente:
Primeiro: O cadro de persoal proposto está por debaixo do que ten asignado o Rexistro Civil de A Coruña, a pesar de que a cidade de Vigo ten mais de 300.000 habitantes, mentres que A Coruña ten menos de 250.000 habitantes.
Segundo: No Rexistro Civil Exclusivo de Vigo deberá compatibilizarse co traballo propio do Rexistro a tramitación dos procedementos civís que tiña asignado o xulgado de primeira instancia número 4, labor para o que deberá destinarse, cando menos, a un funcionario en réxime de dedicación exclusiva, circunstancia esta que non acontece en A Coruña.
Estatísticas de asuntos civís | ||||
Ano | Ordinarios | Verbais | Execucións | X. Voluntaria |
2007 e anteriores | 85 | 30 | 150 | - |
2008 | 30 | 15 | 30 | 2 |
Terceiro: Como consecuencia das últimas reformas legais, os Rexistros Civís Principais viron aumentada a súa carga de traballo en asuntos de gran complexidade: adopcións internacionais, inscricións de nacemento derivadas de adquisición da nacionalidade española por residencia e do exercicio do dereito de opción... Ademais, os Rexistros Civís están a asumir na actualidade outras tarefas como a entrega de impresos para a obtención de certificados de actos de últimas vontades, antecedentes penais ou seguros de cobertura de falecemento, que implican, en non poucas ocasións, que deban facilitarse as indicacións para cumprir os devanditos impresos.
Tampouco podemos esquecer a repercusión no traballo do Rexistro Civil da poboación estranxeira. Segundo os últimos datos do censo municipal, na cidade de Vigo están empadroados 15.500 estranxeiros, o que representa a metade da que está rexistrada en toda a provincia de Pontevedra.
Por todo o exposto, consideramos que, para atender debidamente o traballo do Rexistro Civil e evitar o seu colapso a curto prazo, a proposta de cadro de persoal proposto pola Dirección Xeral debe ampliarse cun funcionario do corpo de Tramitación, polo que quedaría conformada do seguinte xeito:
Proposta de cadro de persoal | |||
Corpo | Xestión | Tramitación | Auxilio Xudicial |
Nª funcionarios | 5 | 11 | 2 |