Mostrando entradas con la etiqueta Acción social 2022. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Acción social 2022. Mostrar todas las entradas

Acción Social 2022: publicación no DOG das listaxes definitivas


10 nov 2022




 

Hoxe publicase no DOG a Resolución  do 25 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

 Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal

Para ver a Resolución completa, preme aquí


Publicada no DOG a convocatoria de Acción Social 2022


29 jun 2022




 



Publicada a Resolución do 9 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia



Poderán solicitar as axudas o persoal funcionario de carreira e o persoal interino dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio

 Terán a condición de beneficiarios:

a) Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos nas alíneas anteriores.

b) Os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nas alíneas anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos/as, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 %.
 

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia

Para ver a Resolución completa, preme aquí

 

 
 



CCOO non asiste á Mesa de Acción Social por baleira de fondos e contido


10 may 2022


 






1.- Este sindicato recibiu correo desa DXX convócandonos á comisión de acción social para este martes, 10 de maio de 2021 e remítese así mesmo coa convocatoria os criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2021 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.


2.- A vista do borrador presentado, un ano mais por aplicación da Lei 1/2012 do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público das Comunidades Autónoma de Galicia, a acción social queda reducida a axuda do programa de atención de persoas discapacitadas, axuda á que se destina, a cantidade de 21.911,00 euros, orzamento que consideramos, de xeito evidente, insuficiente.


Polo exposto,


CCOO comunicamos que non asistiremos á mesa convocada xa que negámonos a participar nunha acción social que supoña un recorte máis e onde as cantidades a distribuír son ridículas, esixindo:

- a volta a unha acción social que supoña o 1% da masa salarial, como noutras comunidades,

- que se recuperen as axudas por fillos e estudos

- e que se recoñezan novas axudas a outras enfermidades como crohn, celíacos…