EGAP : programa de autoformación para o ano 2026


20 abr 2026





Con data 20/04/2026 publícase no DOG a resolución do 10 de abril de 2026 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

As persoas que desexen participar no programa de autoformación dispoñen de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra: por unha banda poden acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribírense na zona de matrícula da EGAP. Por outra banda, poden solicitar presentarse ás probas de avaliación que lles ofrecen a posibilidade de acreditar a súa competencia mediante a obtención dun certificado de equivalencia.

O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 27 de abril de 2026.


. - Para ver a resolución completa, preme aquí