LO 1/2025 : Cambios de postos de persoal nos distintos servizos comúns


26 sept 2025


 






Publicouse na intranet de xustiza  con data 26/09/2025  a seguinte comunicación:


"Ante as peticións recibidas na Dirección Xeral de Xustiza e na Amtega respecto aos cambios de postos do persoal nos distintos servizos comúns como consecuencia da entrada en vigor o día 1 de xullo da nova estrutura organizativa derivada da Lei orgánica 1/2025, comunícase que:

  • Os cambios de localización do persoal entre postos xa existentes deberán solicitarse previamente ao CSU a través de AXUDOT. Este caso non supón o cambio de equipo, debendo utilizarse o instalado no posto que se vai ocupar.
  • Todos os demais cambios que requiran actuacións previas como a relocalización do mobiliario, equipamento do posto de traballo, multifuncións, instalación de rosetas, cableamento, etc. deberán ser solicitados previamente pola dirección funcional do servizo á Dirección Xeral de Xustiza a través do correo electrónico solicitudesmedios.xustiza@xunta.gal."