Con data 26/09/2025 saíu publicada na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería, a Resolución da Dirección xeral de Xustiza, pola que se designan as comisións de valoración do concurso específico para a provisión de postos de traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial da Administración de Xustiza, convocado pola Resolución do 8 de setembro de 2025 (DOG núm. 180, do 18 de setembro de 2025).
. - Para ver a Resolución completa, preme aquí