Substitución entre titulares: novos avisos de desocupación de postos


20 mar 2025






Con data 19/03/2025 saíu publicada na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería  a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos de traballo para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.


Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es.


O prazo de presentación de solicitudes será de tres días  hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.


Para ver a Resolución completa, preme aquí