Proposta de modificación da normativa que regula as comisións de servizo e as substitucións


7 oct 2024


 








En virtude das sentenzas 00399/2023 e 00638/2024, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,  e unha vez comunicada a firmeza da sentenza 00399/2023 cómpre a súa execución.


A Dirección Xeral de Xustiza achega a CCOO e ao resto das organizacións sindicais o borrador de resolución pola que se modifican as Resolucións do 21 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia e a Resolución do Resolución do 18 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.



A DXX establece un prazo de 3 días hábiles para realizar achegas por parte das organizacións sindicais.



Para ver o borrador da proposta de modificación , preme aquí