Médicos Forenses : Convocatoria da bolsa de persoal interino


10 sept 2024


 






Hoxe publícase no DOG a Orde do 2 de setembro de 2024 pola que se establece o procedemento de selección e o nomeamento de persoal interino do corpo de médicos forenses e se convoca a correspondente bolsa.

As solicitudes para participar nesta convocatoria deberán presentarse en todo caso telematicamente a través da Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX: http://opax.xunta.es), no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. 

Para ver a resolución completa, preme aquí