Comité de seguridade e saúde laboral


5 sept 2024



 


O día 5/09/2024 , por vídeoconferencia, tivo lugar unha reunión do Comité de seguridade e saúde onde por unanimidade tense aprobado un documento imprescindible para frear unha lacra que se ben minoritaria pode ser menoscabar a dignidade dos traballadores e traballadoras na súa labor diaria, falamos do Regulamento de intervención nos casos de acoso laboral, documento ao que CCOO deu o seu firme apoio, malia matizar que quedan fóra dos supostos os que afecten aos LAJ, por ser corpo estatal, e estar por desenvolver os protocolos no caso de acoso sexual.



Podedes consultar o regulamento aprobado no comité e pendente de publicación premendo aquí






Noutro orde de cousas a Dirección Xeral informa, en relación coa Cidade da Xustiza de Vigo, que o 17 de setembro reunirase con axentes externos (Policía, Bombeiros, Protección Civil...) de cara a preparar un simulacro, estando previso que o 26 de setembro, logo de reunirse cos Grupos de Acción xa nomeados, se fixe data concreta para o simulacro.


Colocaranse arcos de seguridade nos xulgados de Ordes, Betanzos, Sarria e Carballino.

Comunican a continuación as datas e lugares onde se van facer as probas de medición do gas radón:

Segundo o informado no Comité de Seguridade e Saúde Laboral, remitimos as datas e os edificios nos que os técnicos do Laboratorio de Radon de Galicia realizarán as visitas para a instalacións dos dispositivos de medición de Gas Radon, segundo o facilitado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais: 

É MOI IMPORTANTE que estes detectores permanezan durante un mínimo de tres meses e non deberán ser cambiados de sitio nin ser manipulados.

 

O 10 de setembro de 2024:

- Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

- Audiencia Provincial da Coruña. (antiga fabríca de tabacos)

O 11 de setembro de 2024:

- Audiencia Provincial de Pontevedra

- Edificio Xudicial de Marín

O 12 de setembro de 2024:

- Audiencia Provincial de Lugo

- Edificio Xudicial de Ribadavia (Ourense)

O 13 de setembro de 2024:

- Audiencia Provincial de Ourense.

O 16 de setembro de 2024:

- Edificio Xudicial de Noia