Traxectoria profesional 2024 : erro na nómina do mes de xullo


30 jul 2024


 


A Dirección Xeral de Xustiza remitiu a CCOO o seguinte correo electrónico advertindo do seguinte erro na nómina de xullo que  afecta as persoas que accederon a traxectoria profesional (Grao I e II) neste ano 2024:

A aquelas persoas ás que se recoñeceu o grao I ou o grao II na súa traxectoria profesional ao aberiro do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 8 de febreiro de 2024, polo que se aproba o acordo acadado o 17 de xaneiro, entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CC.OO., para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza na nómina de xullo, por erro, imputóuselles o 100% do complemento retributivo asociado a este concepto cando, segundo o establecido no artigo 1.3 do devandito acordo, na anualidade 2024 correspondería o 33% da contía correspondente. Na nómina do mes de agosto tramitaranse os oportunos descontos para regularizar a situación.