Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante o sistema de substitución entre titulares


11 ene 2024






    Saíu publicada con data 11/01/2024 na intranet e na web da Consellería a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución entre titulares.


    Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es 

  O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.


    Para ver a Resolución completa, preme aquí