ÚLTIMA HORA TELETRABALLO


13 nov 2023


 

COMUNICADO CONXUNTO DAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS.

 




Cumprido o prazo dado, postos en contacto co Director Xeral para saber si aceptaba e asinaba a proposta de Resolución, sobre a continuidade do teletraballo, presentada polas organizacións sindicais o mércores pasado, comunicou que non aceptaba o texto proposto e que ao longo da mañá de hoxe se nos faría chegar un borrador de Acordo que nos ofrecía asinar aos sindicatos en lugar do texto proposto por nós o mércores.



A última hora da mañá de hoxe a Dirección Xeral de Xustiza, remitiunos unha proposta de Acordo que non garante a recuperación do teletraballo na Administración de Xustiza de Galicia, que só tenta dilatar a solución que cremos está na súa man, por moito que se escuse en que esa materia non é da súa competencia, se non do Ministerio.





 


Todas as organizacións sindicais decidimos conxuntamente (SPJ- USO,STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF, CIG e CCOO) ter unha reunión mañá a primeira hora para consensuar as accións a realizar, ante a falta de valentía do Director Xeral en solucionar o problema e mirar para outro lado.

Do que se acorde mañá informaremos puntualmente.

13 de novembro de 2023.

Asinado as OOSS