Publicada a convocatoria para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4


4 sept 2023




Hoxe publícase no DOG a Resolución do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega,

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www. lingua.gal). Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Para ver a Resolución completa, preme aquí