Estimada compañeira/o
O próximo martes 20 celébranse, como cada catro anos, as eleccións sindicais para o persoal de xustiza. Coma sempre, CCOO pide unha participación masiva, que nos concienciemos todas/os da importancia de ter unha forte representación que nos lexitime á hora de mobilizarnos e negociar.
Enchede as urnas de votos!
CCOO preséntase a este proceso cunha proposta honesta, humilde e digna; coa bagaxe de ter participado e aportado en todas as negociacións que melloraron as nosas condicións laborais nestes últimos catro anos : traxectoria profesional, bolsa de interinos, retribución íntegra das substitucións , regulación das comisións de servizo ... e tantas outras medidas serían inviables sen a nosa participación en positivo .
Raquel, Jorge, Rocío, Manolo, Estrella , Sandra, Mati, Carlos, Sonia, Juan C., Nico, Roberto, Mónica e tantas e tantos outros son xente coma ti, dos que podes estar orgullosa/o por non ter máis ambición e entrega que a loita polos nosos dereitos.
Aínda queda moito por percorrer e mellorar, por iso consideramos fundamental o teu voto, e o da xente que te rodea no teu posto de traballo, para que este proxecto, modesto pero íntegro, poida ter unha continuidade.
Se cres no poder de cambiar as cousas, VOTA CCOO!!