CCOO , sector xustiza de Galicia, quere darvos as grazas a todas as persoas que seguides a confiar en nós. Cos vosos votos podemos manter vivo este proxecto cun groso de afiliación e simpatizantes leal e xeneroso. A vosa vontade obríganos a, cos dous delegados obtidos, tratar de expandir a nosa representación, basada na negociación, mobilización, presenza nos centros de traballo e atención individualizada aos vosos problemas laborais.
Son tempos díficiles, pero este empuxe dános folgos para seguir mantendo a dignidade das CCOO.
MIL GRAZAS!