EGAP: convocados cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega


25 ene 2023










 Hoxe publícase no DOG, a  Resolución  do 17 de xaneiro de 2023 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 asi como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia.

O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP https://egap.xunta.gal/matricula, non sendo admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet https://egap.xunta.gal/matricula unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil. 


Cada persoa só poderá solicitar unha edición dos cursos convocados.


O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 7 de febreiro de 2023.


Para ver a Resolución completa, preme aquí