No día de onte
tivo lugar na EGAP de Santiago unha mesa sectorial, co fin de tratar os avances
na carreira profesional.
Dende CCOO
facemos unha valoración positiva, toda vez que, de recollerse as emendas que
presentamos, poderemos continuar na senda dos incrementos retributivos que nos
corresponden, carreira profesional que non teñen en ningún punto do Estado e
que dignifican as nosas condicións
laborais.
Para CCOO hai
dúas liñas vermellas que condicionarían o noso voto ao acordo:
-
A blindaxe
da antigüidade nos corpos sexa cal fose o destino, dada a nosa especial idiosincrasia
de corpos nacionais.
-
A
igualdade do persoal interino no acceso á mesma, toda vez que está recoñecida (xa no anterior
acordo) pola xurisprudencia a igualdade de dereitos, salvo a fixeza no posto.
Logo de dilacións
indebidas, interposición de recursos, paralizacións interesadas, escepticismos
varios, debemos celebrar estar a piques de acadar unha continuidade que
recoñeza o noso dereito a unha carreira profesional de forma definitiva.
Na vindeira
semana convocarannos a nova mesa sectorial logo de estudar as nosas alegacións.
Noutro orde de
cousas, dentro do proceso de estabilización anúnciannos que son tres prazas de
auxilio en Galicia: Ribeira, Fonsagrada e Pontevedra.
E a OPE que
acumula tres anualidades (19, 20, 21) presenta unha oferta histórica para Galicia: 97 prazas
de xestión, 103 de tramitación e 65 de auxilio.
CCOO ademais
reivindicou:
-
A implantación
das gardas de 24 horas nas cidades da Coruña e Vigo.
-
Unha
regulación normativa do teletraballo acompasada co reparto dos 1700 equipos portátiles.
-
A
modernización dos Servizos Comunes e das Fiscalías acompasadas ao expediente
dixital.
-
Unha
formación de entrada remunerada aos compañeiros/as voluntarias a través das
prolongacións de xornada.