Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2022 pola que se convoca un curso de formación sobre o Ministerio Fiscal e as dilixencias de investigación, de acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.
Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os/as funcionarios/as da Administración de Xustiza de Galicia que se encontren en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade ou do proxenitor distinto da nai biolóxica por nacemento, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria .
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 13 de outubro de 2022.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Para ver a resolución completa, preme aquí