,
A Dirección Xeral de Xustiza convoca a Comisión de seguimento do Acordo acadado o 23 de maio de 2018 entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, UGT e CC.OO., para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, para o próximo martes, día 4 de outubro ás 12:30 h, coa seguinte Orde do día:
-Borrador do Acordo para o desenvolvemento da traxectoria profesional para o persoal da Administración de Xustiza en Galicia.
-Información sobre a actualización do CAT/CE para o corpo de xestión e de médicos forenses.
-Rogos e preguntas.