Aberto o prazo para a presentación de solicitudes nos cursos de linguaxe administrativa galega, nivel medio y superior e os cursos preparatorios do Celga


1 sept 2022







O pasado 19 de Agosto de 2022 publicouse no DOG a Resolución do 24 de xullo de 2022 pola que se convocan , con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2022/23, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.


Os cursos impartiranse entre setembro de 2022 e maio de 2023, en horario de mañá ou de tarde.


As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2022, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-xaneiro), e desde o 3 ata o 13 de xaneiro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Para ver a Resolución completa, preme aquí