Publicados novos avisos de desocupación de postos mediante substitución entre titulares


1 sept 2022









Saiu publicada na intranet de xustiza, con data 31/08/2022 a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para súa provisión temporal mediante o sistema de substitución entre titulares.

Mentres non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX, ou en caso de fallo acreditado do sistema, as solicitudes conforme ao Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022, e se for o caso a documentación ou alegacións, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de xenérica co código PR004A.

Prazo de presentación de solicitudes: 1, 2 e 5 de setembro de 2022.

Para ver a Resolución completa, preme aquí