Publicada a adxudicación das últimas prazas ofertadas mediante substitución entre titulares


25 abr 2022


 






Saíu publicada na intranet de xustiza , con data do 25/04/22 a Resolución da Dirección Xeral de  Xustiza pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución, relativa á oferta de prazas publicada o 19/04/22.

A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa    adxudicataria ,dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico(servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.


Para ver a resolución completa preme aquí