Comisión de servizos no Xulgado do Mercantil nº 3 - A Coruña


19 ene 2022





 No día de hoxe a Dirección Xeral de Xustiza publica resolución pola que se convocan dúas prazas de xestión, tres de tramitación e unha de auxilio xudicial por comisión de servizos no Xulgado do Mercantil nº3 da Coruña, de nova creación.


As solicitudes poden presentarse ata o día 26 de xaneiro de 2022.


O criterio de adxudicación será a antigüidade e a puntuación en galego, sendo o escalafón determinante en caso de empate.


Poden participar persoas de fóra da comunidade, pero para iso deben presentar informe favorable do Ministerio ou da comunidade con competencias e, de non ser posible, cando menos xustificación da súa solicitude.

Unicamente aceptaranse as solicitudes enviadas por medios electrónicos.

Podedes consultar a resolución premendo aquí