CCOO non asiste á Mesa de acción social por baleira de fondos e contido


3 may 2021


 





1.- Este sindicato recibiu correo desa DXX convócandonos á comisión de acción social para este mércores 5 de maio de 2021 e remítese así mesmo coa convocatoria os criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2021 para o persoal ao servizo dá Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.


2.- A vista do borrador presentado, un ano mais por aplicación da Lei 1/2012 do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público das Comunidades Autónoma de Galicia, a acción social queda reducida a axuda do programa de atención de persoas discapacitadas, axuda á que se destina, a cantidade de 21.911,00 euros, orzamento que consideramos, de xeito evidente, insuficiente.


Polo exposto,


CCOO comunicamos que non asistiremos á mesa convocada xa que negámonos a participar nunha acción social que supoña un recorte máis e onde as cantidades a distribuír son ridículas, esixindo:

- a volta a unha acción social que supoña o 1% da masa salarial, como noutras comunidades,

- que se recuperen as axudas por fillos e estudos

- e que se recoñezan novas axudas a outras enfermidades como crohn, celíacos…


3 de maio de 2021










DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA

Fontiñas, Rúa Madrid, ,2-4, 2ª planta

15781.Santiago de Compostela