Instrución da Dirección Xeral de Xustiza sobre ceses e tomas de posesión do concurso de traslados de 2020


13 feb 2021


 




 A Dirección Xeral de Xustiza remitiunos a instrución relativa ao concurso de traslados de 2020, que se publicará na intranet de Xustiza (http://intranet.xustiza.gal), e no sitio web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (https://cpapx.xunta.gal/concursos-de-traslados).

O vindeiro 19/02/2021 está previsto que se publique no BOE e no DOG a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado mediante a Resolución do 28 de xullo de 2020 da Dirección Xeral de Xustiza (DOG núm. 177, do 1 setembro de 2020).



Para poder ver a  Instrución  da Dxx establecendo os criterios sobre ceses  e tomas de posesión , preme aquí