Publicada nota informativa na intranet de xustiza en relación co permiso de deber inescusable


23 jun 2020










Publicada na intranet de xustiza a seguinte nota informativa en relación co permiso de deber inescusable:


"Finalizado o permiso por deber inescusable conforme o previsto na Orde JUS/504/2020, do 5 de xuño, e mais na Resolución desta Dirección Xeral de Xustiza do 8 de xuño de 2020, e co deber de incorporarse o día 22 de xuño, a solicitude de calquera permiso requirirá o informe do responsable funcional e a valoración e correspondente autorización ou denegación do servizo de persoal, sen que sexa posible entender unha concesión automática, e a conseguinte posibilidade de ausencia do posto de traballo, coa mera formulación da solicitude. "