Publicada a listaxe definitiva da bolsa de interinos de Galicia


2 jun 2020


 

 

 

 


As listaxes poden consultarse na OPAX seguindo a ruta Bolsa de interinos -> Listaxes.



Unha vez en vigor as novas listaxes de persoal interino, as listaxes anteriores quedarán anuladas, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.

Os interinos que estaban en suspensión temporal nas anteriores bolsas, deberán solicitar novamente a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16 da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

A continuación, facilítase a información de contacto coas xefaturas territoriais correspondentes:

Xefatura Territorial da Coruña,
Servizo de Xustiza,
Praza de Luís Seoane, s/n,Edificio Administrativo Monelos,
15008 A Coruña.
Correo electrónico : servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
Tfno. 981184472/981184456

Xefatura Territorial de Lugo,
Servizo de Xustiza,
Rolda da Muralla, nº 70,
27071 Lugo.
Correo electrónico: persoal.presidencia.lugo@xunta.es
Tfno. 982294308/982294360

Xefatura Territorial de Ourense,
Servizo de Xustiza,
Paseo da Habana, nº 79,
32004 Ourense.
Correo electrónico: sxsal.xustiza.ourense@xunta.es
Tfno. 988386408

Delegación Territorial de Vigo,
Servizo de Xustiza,
Rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar,
36201 Vigo (Pontevedra).