A Dirección Xeral de Xustiza convocou mediante o sistema de videoconferencia á Comisión de Acción social a todas as organizacións sindicais para este venres, 12 de xuño , remitíndonos a convocatoria e os criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2020 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
A vista do borrador presentado, un ano mais por aplicación da Lei 1/2012 do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, a acción social queda reducida a axuda do programa de atención de persoas discapacitadas, axuda a que se destina a cantidade de 21.911 euros, presuposto que consideramos, de xeito evidente, insuficiente.
CCOO non participará na mesa convocada, xa que, negámonos a participar nunha acción social que supoña un recorte mais e onde as cantidades a distribuír son ridículas, esixindo a volta a unha acción social que supoña o 1% da masa salarial, coma noutras comunidades, e que se recuperen as axudas por fillos e estudos e que se recoñezan novas axudas a outras enfermidades