Despois da xuntanza mantida o pasado venres coa DXX, hoxe publicase na intranet de xustiza o plan anual de vacacións para o ano 2020
A planificación das vacacións anuais realizarase distinguindo dúas tempadas:
TEMPADA “A”:
Do 01/07/2020 ata o 30/09/2020.
Semana Santa: do 6/04/2020 ata o 12/04/2020.
Nadal: do 21/12/2020 ata o 10/01/2021.

TEMPADA “B”:
Do 07/01/2020 ata o 06/04/2020.
Do 13/04/2020 ata o 30/06/2020.
Do 01/10/2020 ata o 20/12/2020.
Do 11/01/2021 ata o 31/01/2021.
Durante a tempada A deberá permanecer na unidade ou servizo, como mínimo, o 50% do cadro de persoal. No mes de agosto a porcentaxe de permanencia mínima será do 33%, agás nos rexistros civís exclusivos da Coruña e de Vigo, onde a permanencia mínima durante o mes de agosto será do 50%. Durante a tempada B deberán permanecer como mínimo os seguintes efectivos, segundo o tipo de centro:
9.1. Tribunais (Tribunal Superior de Xustiza, audiencias provinciais): 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.2. Xulgados mixtos: 75% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.3. Xulgado de instrución: 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.4. Xulgados de primeira instancia, do mercantil e do social: 80% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.5. Xulgados do penal, de violencia sobre a muller, de menores e de vixilancia penitenciaria: 75% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.6. Rexistros civís exclusivos da Coruña e de Vigo: o 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.7. Xulgados de paz: 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.

9.8. Fiscalías: 70% do cadro de persoal da unidade da oficina fiscal respectiva.
9.9. Servizos comúns, decanatos e outras oficinas e servizos: 70% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
As solicitudes tramitaranse obrigatoriamente a través da oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX) e asinaranse electronicamente, pasando a estar dispoñibles na bandexa do superior xerárquico para o seu informe e validación.
. As solicitudes deberán presentarse no servizo nos seguintes prazos ordinarios:
- Para vacacións durante a tempada “A”:
- As vacacións de verán solicitaranse ata o 19 de xuño, as de Nadal ata o 15 de decembro.

- Para vacacións durante a tempada “B”:
- Ata o día 15 do mes anterior ao do gozo das vacacións.