Hoxe, 21 de maio celebrouse unha nova xuntanza por videoconferncia do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Administración de Xustiza presidido polo Director Xeral de Xustiza e coa participación de membros da DXX e os delegados e delegadas de prevención de cada un dos sindicatos.
A fase 2 da desescalada comezará o próximo martes, día 26 de maio ata o día 9 de xuño. En Galicia nesta fase a incorporación aos centros de traballo será dun 60% do persoal.
O Director Xeral informou :
EPis : Continuase co envío de material de protección ás oficinas xudiciais, mascarillas, luvas, botes de hidroxel , pantallas, contenedores.... tamén seguiranse a colocar sinalizacións nos edificios xudiciais, onde o acceso para o público será tan só con cita previa. Garantizou que non vai a faltar material en ningúnha oficina xudicial de Galicia.
Vulnerabilidade: O persoal funcionario que presentou unha declaración responsable, manifestando ter algunha das causas que declaran dita vulnerabilidade, ou as que non o fixeron, e queiran ter tal verificación, debe remitir a maior brevidade o email prevencion.riscos.laborais@xunta.gal, a solicitude de vulnerabilidade, xunto coa documentación médica que a xustifica.
Permiso por deber inescusable (fillos menores de 14 anos o con persoas maiores dependentes ao seu cargo). As Xefaturas territoriais estanse a poñer en contacto con moitos destes compañeir@s a través do correo corporativo (xustiza.gal) para que remitan a documentación oportuna, no caso de que non a houbesen enviado. Aqueles que precisen acollerse de novo a este permiso poderan formalizar xa a súa nova solicitude a través do OPAX,
Vacacións: A Dirección facilitará todo o posible para que en agosto, poida coller as vacacións o maior número de persoal que o desexe, reducindo a porcentaxe de presenza de efectivos mínimos neste mes nos centros de traballo.
Tardes: Nesta segunda fase, que dura do 26 de maio o 9 de xuño, non ve necesaria a sua implementación. No caso de que nalgún centro non puidera manterse a distancia de seguridade, ofrecerase a posibilidadde do teletraballo.
Teletraballo: A día de hoxe hai 338 compañeiros e compañeiras con acceso VPN, pero descoñecese cantas delas o utilizan.
Substitucións: Non se publicarán ata que non estea o persoal incorporado ao 100%,
Interinos : Os nomeamentos de persoal interino non se reanudarán ata que esté todo o persoal incorporado, na fase 3 ( a partir do día 9 de xuño). A nova Bolsa de Interinos, tamén publicarase nesa fase 3.
Edificio Xudicial Ourense: Comezarán próximamente as obras.
Sen contaxios: Non se declarou ningún contaxio de persoal de Xustiza nestes últimos días.
Desde CCOO seguiremos prantexando aos reponsables da Administración de Xustiza, que na reincorporación do persoal nas seguintes fases deben garantirse a súa seguridade e saúde ante o Covid 19.