O pasado día ,14 de abril , celebrouse unha xuntanza por videoconferencia do Comité de seguridade e saúde presidida polo Director Xeral de xustiza , e coa participación dos delegados de prevención de todas as organizacións sindicais.
O Director trasladounos que todas as Resolucións ditadas ata o momento pola DXX foron reflexo das ditadas polo Ministerio e explicou as xestións realizadas ata agora para protexer ó persoal de xustiza do covid-19, facilitando os datos da distribución ata este momento de máscaras, luvas, xel e pantallas, material que foi subministrado na sua maior parte polo Ministerio, estando pendente unha nova distribución de material lnestes días a través dos Decanatos.Farase un seguimento cada semana para ir atendendo as necesidades que poidan xurdir e enviar máis material aos centros de traballo onde sexa necesario.
Desde CCOO rexeitamos o incremento da presencialidade nos centros de traballo neste momentos xa que supón un risco de contaxio innecesario xa que co sistema de dispoñibilidade que tiñamos ata agora os servizos esenciais estaban cubertos
Para ver a nota informativa, preme aqui