Convocadas as probas de avaliación das actividades de formación para o posto de traballo


30 oct 2019




  



 No día de hoxe publícase no DOG a Resolución do 21 de outubro de 2019 pola que se convocan as probas de avaliación das actividades de formación para o posto de traballo para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Estas actividades foron ofrecidas na modalidade de autoformación, deixándose para un momento posterior a convocatoria das probas de avaliación que é preciso superar para ter dereito a obter un certificado de equivalencia, que ten o memso valor que un de aproveitamento.


O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días a partir do día seguinte ao da publicación. 
Para acceder á mesma, prema nesta ligazón.