Concurso 2018. Relación de prazas vacantes para Galicia


7 jun. 2018


No día de hoxe ,a Dirección Xeral de Xustiza deunos traslado ás organizacións sindicais do cadro de vacantes dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial que se ofertarán no concurso de traslados de 2018.

Nesta relación inclúense as 36 prazas de consolidación de reforzos de máis de tres anos de duración dimanantes do acordo asinado o pasado día 23/05/2018 polos sindicatos SPJ-USO, UGT e CCOO, así como todas aquelas xubilacións que se produxeron ata este mes de xuño.

Se sabedes dalgunha praza máis que non figure nesta relación, pedímosvos que nolo comuníquedes o máis axiña posible para solicitar a súa inclusión nesta relación de vacantes.