Ponse á disposición do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia o modelo de solicitude para o caso de que desexe participar no plan de recuperación do traballo previsto na cláusula 8ª do Acordo de 23/05/2018.
O número de horas e número de días á semana de duración do plan axustarase en función da carga de traballo nos distintos centros de traballo e do número de solicitantes. O importe da hora extraordinaria correspondente a cada corpo é o seguinte: (A2-Corpo Xestión): 29,97 €, (C1-Corpo Tramitación): 22,66 €; (C2-Corpo Auxilio): 17,03 €.
A dita solicitude deberá remitirse ao enderezo electrónico que figura no propio impreso antes das 14:00 horas do vindeiro xoves 7 xuño de 2018. O persoal que non poda realizar a solicitude por estar de vacacións, permisos ou licenzas, poderá facelo nun prazo de 5 días dende a reincorporación ao seu posto de traballo.
SOLICITUDE PARTICIPACION PLAN RECUPERACION_Bolsa voluntarios